BetanzosHoxe · Hoxe
O BNG de Miño propón unha área canina e unha zona de calistenia no Parque das Telleiras de Costa Miño
    <description>O grupo nacionalista pide ao goberno municipal que planifique a mellora deste espazo verde da urbanización, que segundo o partido ten uns 17.000 metros cadrados, con sendeiros e zonas de descanso. Na mesma nota propón unha rede de illas climáticas e anuncia que volverá preguntar polo CPI Castro Baxoi.</description>
O CEIP Vales Villamarín prevé vacinar contra a gripe a máis de 250 alumnos ata o xoves
    <description>O colexio de Betanzos é un dos 75 centros galegos do programa piloto de vacinación escolar. A vacina é intranasal, sen picada, voluntaria e para nenos de 3 a 11 anos con permiso da familia.</description>
Miño aproba un plan económico-financeiro por incumprir a regra de gasto en 2025
    <description>O Pleno aprobouno nunha sesión extraordinaria o 30 de setembro, na que tamén deu o visto bo inicial a tres cambios no orzamento de 2026. O BOP publica hoxe os dous anuncios.</description>
Bergondo aproba seis obras de 711.000 euros e as expropiacións que afectan a 40 fincas
    <description>O Pleno aprobou definitivamente os proxectos do Plan de actuación municipal 2026, entre eles o reforzo do vial Gandarío-Cangas-Casal de Ouces e un paso sobre o rego de Callou, no límite con Betanzos. O BOP publica hoxe o acordo.</description>
O BNG de Miño pide aproveitar as obras da rúa Real para estudar unha zona de preferencia peonil
    <description>O grupo nacionalista propón ao goberno municipal analizar como se comporta o tráfico mentres dure a renovación do pavimento, que segundo o partido comeza este martes, e avaliar con veciñanza e comercio fórmulas como a peonalización dun tramo ou restricións horarias.</description>
O Alfonsetti, o cine máis antigo de España? Si, pero entre comiñas
    <description>O director do Museo das Mariñas, Ángel Arcay, avisa de que o título hai que dicilo «con moito coidado». BetanzosHoxe comparou as datas do teatro, que proxecta cine desde 1897, coas dos seus rivais de España e de Europa: a data aguanta, o «sen interrupción» e o «de Europa», non.</description>
Ferran Adrià ensina en La Revuelta a súa tortilla ao estilo Betanzos… con patacas fritas de bolsa
    <description>O cociñeiro de El Bulli explicoulle a David Broncano como fai en catro minutos unha tortilla de interior xugoso e pouco callado, ao xeito da de Betanzos, coas patacas dunha bolsa de chips. A dúas semanas da XVI Semana da Tortilla, o vídeo xa corre polas redes.</description>
Patinetes en Betanzos: novas normas desde o 1 de outubro
    <description>A reforma do Regulamento Xeral de Circulación que entra en vigor o xoves tamén fai obrigatorio o casco para todos, esixe un elemento reflectante de noite e deixa claro que os patinetes non poden ir pola beirarrúa nin polas estradas que saen de Betanzos. Estas son as regras e o que custa saltalas.</description>
Veciñanza de Miño concéntrase para pedir máis prazas no autobús que leva o alumnado a Betanzos
    <description>Varias decenas de persoas reuníronse este venres a primeira hora da mañá xunto á parada de Miño. Piden máis autobuses para que os estudantes que van a clase a Betanzos poidan viaxar sentados e non queden na parada.</description>
O BNG pide á Xunta que amplíe o autobús que leva a Betanzos o alumnado de Miño
    <description>O BNG de Miño denuncia que hai estudantes de ensino non obrigatorio que quedan na parada ou viaxan de pé e sentados nas escaleiras do bus a Betanzos por falta de prazas. A formación apoiará a concentración convocada para este venres ás 7:50 en Miño e levará o asunto ao Parlamento.</description>
O PP de Betanzos esixe melloras nos espazos públicos de Guiliade
    <description>O Grupo Municipal do Partido Popular en Betanzos rexistrou unha moción para esixirlle ao goberno local melloras nos espazos públicos de Guiliade. A formación reclama limpeza e mantemento da parada de autobús, reparacións na área infantil, rozas máis frecuentes, a substitución de sumidoiros rotos e un uso compatible do pavillón polideportivo para familias e clubs deportivos.</description>
José Raimundo Núñez-Varela, cronista oficial: «Calquera veciño de Betanzos coñece ben o patrimonio que segue abandonado»
    <description>José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro é cronista oficial de Betanzos desde 1983. Nesta entrevista para BetanzosHoxe repasa sesenta anos de traballo pola memoria da cidade —as Danzas Gremiais que chegaron a Londres, o arquivo municipal que se mollaba baixo as goteiras, o Museo das Mariñas, os Maios, a Feira Franca e o Gamachiño— e sinala o que segue pendente: a Casa Gótica e o Pasatiempo.</description>
O Festibam 2026 pecha con música no patio do Museo das Mariñas e dous premios da BAM
    <description>O festival da Biblioteca, Arquivo e Museo das Mariñas celebrouse os días 12 e 13 de setembro con concertos, obradoiros, visitas guiadas e a Feira de Arte e Artesanía. Entre os actos, a BAM recoñeceu a Martina Soto, de dous anos, como a usuaria con máis préstamos do ano, e a Ánxela Fernández, directora do grupo de teatro Saraiba, co premio BAMig@.</description>
Betanzos denuncia que o autobús das 8.00 a A Coruña non pasou pola parada
    <description>O Concello de Betanzos denuncia que esta mañá o autobús das 8.00 horas cara A Coruña non pasou pola parada, deixando sen servizo aos viaxeiros. A alcaldesa, María Barral, pide explicacións á Xunta e unha reunión de seguimento.</description>
O ceo dá unha tregua a Betanzos para a procesión de Nosa Señora dos Remedios
    <description>A pesar da meteoroloxía adversa da mañá, a imaxe de Nosa Señora do Camiño saíu do santuario e percorreu as rúas de Betanzos acompañada por centos de devotos.</description>
"Notei máis xente de fóra", Merca Betanzos desde un posto da Praza do Campo
    <description>Aceitunas La Pastora, un dos quince postos de Merca Betanzos, fai balance da feira: mellor organización que en 2025, boas vendas de aceitunas e aceite, o mel como novidade que callou e máis público de fóra da vila. O mediodía do domingo non foi o momento forte, e a calor levou o vermú con The Cans á sombra das árbores.</description>
Betanzos retoma as obras da praza de Dona Águeda cun proxecto modificado que custa 40.000 euros máis
    <description>O Concello aprobou unha modificación do proxecto de reforma da praza de Dona Águeda, que encarece a obra en 40.000 euros, para solucionar de forma definitiva os problemas de impermeabilización.</description>
O casco histórico de Betanzos estrea o control de acceso con cámaras o 1 de outubro
    <description>O vindeiro 1 de outubro comeza a funcionar o sistema de cámaras que controlará o acceso de vehículos ao casco histórico. Haberá tres meses de proba sen multas.</description>
O PSOE denuncia falta de médicos en Curtis e problemas nos centros de saúde da comarca
    <description>O PSdeG-PSOE denuncia problemas para cubrir as consultas en varios centros de saúde da comarca de Betanzos durante o verán, con incidencias en Curtis, Irixoa, Aranga e Coirós.</description>
O BNG de Betanzos leva ao pleno unha iniciativa para mellorar a xestión e a salubridade da auga
    <description>Os nacionalistas piden ao Concello medidas para garantir o subministro ante a prealerta por seca e para atallar os vertidos nos ríos.</description>
Betanzos presenta a programación da XXVII Feira Franca Medieval, con 140 postos
    <description>O Concello deu a coñecer os detalles da cita, que se celebra do 10 ao 12 de xullo no casco histórico. A alcaldesa, María Barral, destacou o peso do evento para a cidade.</description>
A chuvia non freou a XXVI Carreira Popular de Betanzos
    <description>Centos de corredores participaron este domingo na XXVI Carreira Popular de Betanzos, dentro das festas de San Roque. A chuvia non impediu que a Porta da Vila fose o punto de encontro do deporte e da festa.</description>
Suspendido o concerto da Xove Orquestra Sinfónica de Galicia en Betanzos pola alerta amarela
    <description>As previsións meteorolóxicas obrigaron a modificar a programación das festas de San Roque. O concerto previsto para este domingo ás 21:00 horas na praza García Naveira queda aprazado.</description>
O Concello inicia a restauración da fonte da Diana Cazadora
    <description>O Concello de Betanzos comezou os traballos de restauración da fonte da Diana Cazadora, un dos elementos patrimoniais máis emblemáticos da vila.</description>
Cecilia Vázquez repite como candidata do PP en Betanzos e conta a súa loita contra o cancro
    <description>A candidata do PP en Betanzos, Cecilia Vázquez, afronta a súa segunda campaña electoral tras superar a operación e os primeiros ciclos de quimioterapia. Asegura que segue vendo a mesma inquina contra ela, pero que agora as cousas lle resbalan.</description>