Ir ao contido

Betanzos e a comarca

BetanzosHoxe

Castellano
Inscricións hoxe 8 Últimos días para inscribirse no concurso de tortilla caseira: ata o 15 de outubro

Concello

O PP de Betanzos recorre o acordo que limita o tráfico no Casco Histórico

Os populares presentan dous recursos de reposición contra a decisión da Xunta de Goberno Local que regula o acceso de vehículos ao casco histórico a partir do 1 de outubro.

Redacción · · 2 min

Compartir esta noticia

Rúa peatonal empedrada con terrazas de sombrillas brancas, macetas con arbustos, un coche policial e un turismo circulando.
Arquivo · Foto: Álvaro García Torres · Rúa do Castro

O Partido Popular de Betanzos presentou este xoves dous recursos de reposición contra o acordo da Xunta de Goberno Local co que se queren bloquear as restricións de acceso ao tráfico rodado no casco histórico da localidade. Estas restricións entran en vigor o próximo 1 de outubro.

A portavoz popular, Ceci Vázquez, considera que a aplicación da regulación impulsada polo Goberno local será "un auténtico caos". Por iso, segundo explica nun comunicado, decidiron presentar senllos recursos "con fundamentacións diferentes aínda que complementarias" para "tratar de frear" no ámbito administrativo unha normativa que abre a porta a que a partir do 1 de xaneiro de 2027 se impoñan sancións de polo menos 200 euros por cada infracción.

O primeiro recurso baséase na fórmula empregada polo goberno local para incluír restricións, que, segundo os populares, "exceden o simple desenvolvemento da ordenanza municipal sobre tráfico, circulación e vehículos a motor e seguridade viaria". Entenden que correspondería ao Pleno aprobar ou rexeitar o cambio de normativa.

O outro recurso fundamentase nas respostas do Goberno local á alegación colectiva presentada no seu día co aval de máis de 450 firmas. Neste sentido, o Partido Popular cuestiona aspectos como a "utilización reiterada de fundamentación xenérica e estereotipada que non acredita unha verdadeira ponderación das circunstancias específicas de Betanzos". Tamén cuestiona a falta de motivación específica do límite máximo de 30 minutos de estacionamento ou a incorrecta utilización da Lei de cambio climático e transición energética como fundamento dunha suposta obrigación municipal de restrición do tráfico.

Compartir esta noticia

Comentarios

Aínda non hai comentarios. O primeiro pode ser o teu.

Deixa o teu comentario

Non se publica. Só serve para confirmar que o comentario é teu.

Antes de publicarse: confirmas o correo cunha ligazón que che mandamos, e despois lerao unha persoa da redacción.