Morre un traballador nunha empresa de Requián tras ser atropelado por unha carretilla
O accidente laboral ocorreu este luns pola tarde en Betanzos. Os servizos de emerxencia acudiron ao lugar, pero o persoal sanitario non puido salvarlle a vida, segundo informou o 112 Galicia.
Un traballador morreu este luns nun accidente laboral nunha empresa situada en Requián, en Betanzos, tras ser atropelado por unha carretilla, segundo informou o 112 Galicia.
O centro de emerxencias recibiu o aviso ás 16:15 horas. Segundo a información facilitada inicialmente, o traballador quedara atrapado debaixo do vehículo. O 112 Galicia mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos, á Policía Local, á Garda Civil e a Protección Civil.
Ao chegar, os bombeiros comprobaron que o traballador non estaba atrapado. Malia os esforzos do persoal sanitario, non se lle puido salvar a vida.
O 112 Galicia non facilitou a identidade do traballador nin detalles sobre as circunstancias do accidente.
Comentarios
Esta noticia non ten comentarios.
Os comentarios desta noticia están pechados.